¡Únete ao Club Albarei e recibe 5 € de descenso!

Agasalla enoturismo nas Rías Baixas

Agasalla enoturismo nas Rías Baixas

Se estás a pensar en facer un agasallo especial e diferente, regalar enoturismo en Galicia sempre é unha boa opción, e máis aínda se se trata dun plan de turismo enolóxico nas Rías Baixas. En Pazo Baión temos isto moi presente e por iso preparamos diferentes bonos regalo con visitas á nosa adega situada nunha espectacular finca histórica en pleno Val do Salnés, berce por excelencia dos viños albariño da D.O. Rías Baixas.

Con estes bonos poderás escoller, de entre as 6 modalidades de circuíto que deseñamos, cal se adapta mellor ao tipo de experiencia que queres agasallar. En todos eles poderás descubrir, da man do noso equipo, as peculiaridades da nosa finca e o traballo que realizamos para elaborar albariños únicos e da mellor calidade, profundando na historia da adega e realizando catas de diferentes viños do noso catálogo, que mesmo poden ser conducidas por algún dos nosos enólogos.

Con todo, regalar enoturismo é moito máis que acudir a unha adega para probar os seus viños: é penetrar na experiencia do turismo slow e mergullarse dunha maneira distinta na cultura e a gastronomía dunha comunidade. Máis aínda en Galicia, onde o viño é ademais un importante motor económico. Isto faise especialmente palpable na nosa comarca, O Salnés, que convive coa Ría de Arousa na que se capturan algúns dos mellores peixes e mariscos do mundo, e que son a maridaxe por excelencia dos viños albariño que elaboramos.

Pero máis aló disto, regalar unha visita á nosa adega en Vilanova de Arousa é tamén obsequiar cun percorrido a través de parte da historia de Galicia, xa que o noso pazo foi fogar dalgunhas das familias fidalgas máis importantes da comunidade como os Figueroa, os Camba ou os Soutomaior; e tamén de importantes emigrantes retornados como Don Alfonso Fojo. Na década dos 70 realizouse na finca a primeira plantación técnica de viño albariño, polo que a día de hoxe os enoturistas atoparán un impresionante viñedo de 22 hectáreas con cepas que superan os 40 anos de historia, nunha fermosa contorna natural que se caracteriza polo verde das nosas palmeiras, o son das nosas fontes ou por edificacións como o noso pazo e as súas inconfundibles almeas ou o antigo pombal, reconvertido agora nunha sala de catas única.

En definitiva, cando entregas un dos bonos regalo de Pazo Baión estás a regalar unha experiencia inesquecible para calquera amante da historia, a arquitectura, a arte, a cultura ou a gastronomía; e unha xornada de turismo perfecta para coñecer de maneira diferente unha parte do corazón de Galicia e das Rías Baixas. Estamos desexando recibir as vosas visitas!

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará