¡Únete ao Club Albarei e recibe 5 € de descenso!

Os nosos viños

Adega Condes de Albarei

Adega Condes de Albarei abastécese dos seus propios viñedos, contando cunha ampla extensión de cultivo e os medios necesarios para controlar os procesos produtivos do viño desde a súa orixe.

O cultivo do albariño conta cun esmerado control e coidado da viña ao longo de todo o ano ata a recollida da uva, por parte dos técnicos de campo da adega.

Condes De Albarei

Albariño

O albariño Condes de Albarei elabórase cos mellores mostos flor para extraer a pureza varietal da uva albariño.

NOTA DE CATA
De cor amarela dourada con reflexos verdosos. En nariz presenta unha intensidade media-alta, con aromas florais e matices de froitas brancas. Trátase dun aroma limpio e elegante. En boca, o viño é fresco, amplo, redondo e cunha marcada persistencia aromática.

Enxebre

Albariño

Elabórase exclusivamente con uvas moi maduras procedentes dos viñedos máis vellos. O proceso de elaboración basease nun antigo e artesanal método adaptado á moderna tecnoloxía da adega que consiste nunha maceración carbónica natural.

NOTA DE CATA
De cor amarela dourada con reflexos verdosos. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, dominando os aromas afroitados a mazá e melocotón, sobre un sutil e elegante fondo de flores brancas. Na boca, o viño é fresco, glicérico, con corpo e un final lixeiramente amargo que lle proporciona unha gran personalidade e complexidade.

Carballo Galego

Albariño

Os mellores mostos flor son seleccionados para fermentar en barricas bordelesas novas de carballo galego, onde permanecen xunto coas súas lías durante meses para obter un albariño de gran carácter e singularidade.

NOTA DE CATA
De cor amarela limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.

Albariño en rama

Albariño

Partendo de uva albariño moi madura de viñas vellas e despois dunha elaboración respectuosa, este viño permaneceu en depósito durante varios anos sobre as súas lías finas, madurando lentamente. Como resultado deste longo proceso de afinamento, o viño amosa toda a súa pureza e integridade, que se reflicte na súa complexidade aromática, potencia, estrutura e lonxitude na boca.

NOTA DE CATA
Condes de Albarei en Rama destaca polo seu franco carácter varietal, floral (acacia, pétalo de rosa), vexetal (xara, espliego), con pousos de mel e unha grata e suxerente complexidade. Na boca, é opulento, sedoso, graxo e glicérico, equilibrado, saboroso, con acedume integrada. Final poderoso, floral con notas herbáceas e de froita compotada, e postgusto de gran viveza e lonxitude.

Albarei Áine

Albariño

Este viño da adega Condes de Albarei toma o nome de Áine, deusa celta do aire e do vento, dona dos nosos soños e ilusións e, ademais, filla do deus do mar.

Albarei Áine elaborase coa uva procedente dos nosos viñedos bañados pola ría de Arousa, o que inflúe ‘maxicamente’ na maduración

NOTA DE CATA
De cor amarelo palla con reflexos dourados. Presenta aromas florais, cítricos e de froita branca. Na boca é fresco, cun marcado carácter salino e mineral. Cun longo final na boca.

Albarei Orixe

Albariño

O albariño Albarei Orixe pretende levarnos ás orixes, ás elaboracións máis tradicionais.

Esta elaboración realízase coa uva albariña procedente das nosas cepas vellas. Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, este viño posúe unha crianza de 3 meses en barrica

NOTA DE CATA
Limpo, brillante, de cor amarela dourada. Fresco cun espléndido carácter varietal, marcado por flores e froitos maduros, con recordos de notas tostadas e vainilla. Equilibrado e saboroso, voluptuoso, varietal, con delicadas notas minerais e recordos da crianza en barrica.

Albarei Caiño

Tinto

A elaboración deste viño lévase a cabo a partir da uva procedente das nosas cepas de tinto caíño de máis de 100 anos.

Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, o noso tinto caíño sométese a unha crianza nas barricas durante tres meses, buscando en todo momento expresar ao máximo o carácter diferencial da variedade co sutil aporte da madeira.

NOTA DE CATA
Cor vermella cereza, de baixa capa de cor. Con aromas de froitos vermellos (grosella), balsámicos e pementa negra. En boca é fresco, balsámico, con lembranzas de especiados, de bo paso por boca.

Albarei Espadeiro

Tinto

A elaboración deste viño realízase a partir da uva procedente das nosas cepas de tinto espadeiro de máis de 100 anos.

Trala súa fermentación en barricas de carballo francés, o noso tinto espadeiro sométese a tres meses de crianza nas barricas, buscando en todo momento expresar ao máximo o carácter diferencial da variedade co sutil aporte da madeira.

NOTA DE CATA
Cor vermella picota con reflexos azulados. Con aromas de froita vermella (amorodos) e negra (grosella), e lembranzas de especiados. En boca é fresco, agradable, con pousos de froita vermella, de bo paso pola boca.

Tinto Plurivarietal

Tinto

Albarei Tinto Plurivarietal elabórase con uvas caíño, espadeiro e mencía, procedentes de cepas vellas.

Este viño sométese a unha crianza en barrica de carballo de tres meses, buscando expresar ao máximo o carácter diferencial das variedades co sutil aporte da madeira.

NOTA DE CATA
Cor vermella cereixa, de capa media. Con aromas de froitos vermellos (amorodos, grosellas), balsámicos e recordos de especiados (pementa negra). Na boca, é fresco, agradable, de bo paso por boca.

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará