HISTORIA

historia

Os muros de Pazo Baión gardan tras de si a historia das familias nobles máis importantes de Galicia. Fundada no século XV polos Sarmiento, Pazo Baión acollería a algunhas das linaxes máis destacadas da comunidade, como os Figueroa, os Camba ou os Soutomaior.

A súa secular historia tamén fala da emigración galega da man de Don Adolfo Fojo, un adiñeirado emigrante retornado de Arxentina, quen comprou a propiedade e levou a cabo na mesma a maior reforma do antigo pazo, outorgándolle a estructura arquitectónica que actualmente posúe coas dúas torres de corte victoriano. Tamén ordenaría a construción dunha vaquería e dunha adega.

Os últimos herdeiros de Don Adolfo Fojo venderon a propiedade nos anos 70, momento no que se acometeu a primeira plantación técnica de albariño de Rías Baixas. Este viñedo converteuse nunha referencia para os profesionais do sector.

vaqueria
palomar

Los últimos herederos de Don Adolfo Fojo vendieron la propiedad en los años 70, momento en el que se llevó a cabo la primera plantación técnica de Albariño de Rías Baixas. Este viñedo se convirtió entonces en una referencia para los profesionales del sector.

historia

Finalmente, e tras pasar por diferentes propietarios, o 16 de xullo de 2008, Pazo Baión foi adquirida por Adega Condes de Albarei, que emprendeu un importante proxecto asentado en tres piares:

– A elaboración de albariños baixo o concepto de viños de pago.
– A creación dun centro enoturístico de referencia.
– A implicación social, o que conleva destinar o 5% das ventas a programas sociais.

Ademais, Condes de Albarei emprende unha reforma arquitectónica e paisaxística na finca baixo a batuta do arquitecto galego César Portela, premio Nacional de Arquitectura, grazas a cal esta xoia do noso patrimonio artístico e cultural revive a súa época máis dourada.

historia bodega antiga
historia vendima