Descripción
– Condes de Albarei 2019: De cor amarela dourada con reflexos verdosos. En nariz presenta unha intensidade media-alta, con aromas florais e matices de froitas brancas. Trátase dun aroma limpo e elegante. En boca, o viño é fresco, amplo, redondo e cunha marcada persistencia aromática.
– Enxebre 2019: De cor amarela dourada con reflexos verdosos. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, dominando os aromas afrutados a mazá, pexego, piña, sobre un sutil e elegante fondo de flores brancas. Na boca o viño é fresco, glicérico, con corpo e un final lixeiramente amargo que lle proporciona unha gran personalidade e complexidade.
– Carballo Galego 2017: De cor amarela limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.