Pazo Baión. Mejor Rincón Enoturístico de España 2016

50,00

O libro “Pazo Baión. Mellor Recuncho Enoturístico de España 2016”, é a reedición e actualización do libro “Pazo Baión. Cooperativa Condes de Albarei”, publicado no ano 2012, e que foi merecedor dun premio Gourmand World Wine Book  ao mellor libro do mundo na categoría de “libro do viño para profesionais”.
Da man de José Hidalgo, César Portela e Xosé Fortes facemos un recorrido polos momentos máis importantes da historia desta emblemática leira que data a súa orixe no século XVI e que no ano 2008 foi adquirida pola adega Condes de Albarei.
Ademais coñecerás os aspectos enolóxicos máis importantes da marca; e descubrirás a beleza paisaxística e arquitectónica da leira a través das magníficas ilustracións que o acompañan e que che permitirán transportarche ata Pazo Baión.
Esta exclusiva edición componse de libro e estoxo individual, unha combinación perfecta para regalar
Categoría: Etiqueta: