¡Oferta!

PACK COLECCIÓN ALBAREI

94,00 84,60

Estamos de aniversario!

Queremos celebrar con vos este soño feito realidade, iniciado en 1988 por 65 familias viticultoras do Salnés que, só 3 anos despois, obtiveron, con Condes de Albarei, a medalla de ouro no Challenge International du Vin de Bordeaux. Era a primeira vez que o obtiña un viño branco español.
Desde entón, son trinta e tres anos de esforzo e dedicación diaria para obter cada vez mellores viños. O tempo deunos a experiencia e o coñecemento para extraer o mellor da nosa uva albariño e este pack é unha selección perfecta para degustar catro das nosas uvas albariño. Magnum Condes de Albarei sobre lías, Enxebre, Condes de Albarei “Carballo Galego” e Condes de Albarei “En Rama”. Catro viños moi diferentes para desfrutar dos seus matices en calquera época do ano.
Ademais, incluímos un agasallo, xa que o pack contén o noso exclusivo abridor de Condes de Albarei.

Este pack inclúe:
1 Magnum Condes de Albarei sobre lías 2018 (edición aniversario) + 2 botellas de albariño Enxebre + 2 botellas del albariño Condes de Albarei Carballo Galego + 1 botella del albariño Condes de Albarei En Rama + Abridor exclusivo Condes de Albarei.

Descripción

– Condes de Albarei sobre lías 2018: amarelo dourado con reflexos verdosos. En nariz ten unha intensidade media-alta, con aromas florais e notas de froitas brancas. É un perfume limpo e elegante. Na boca, o viño é fresco, equilibrado e con estrutura. Un albariño envolvente e mineral cun longo desenvolvemento en boca e un final persistente moi aromático.
– Enxebre 2019: De cor amarela dourada con reflexos verdosos. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, dominando os aromas afrutados a mazá, pexego, piña, sobre un sutil e elegante fondo de flores brancas. Na boca o viño é fresco, glicérico, con corpo e un final lixeiramente amargo que lle proporciona unha gran personalidade e complexidade.
– Carballo Galego 2017: De cor amarela limón con reflexos dourados. En nariz presenta unha boa intensidade aromática, na que se conxugan as notas de froita madura propias da variedade de uva, cos aromas típicos da crianza en barrica, como notas especiadas, café, vainilla e coco. En boca, o viño é moi denso, glicérico, longo e cunha gran persistencia aromática.
– En Rama 2015: destaca polo seu franco carácter varietal, floral (acacia, pétalo de rosa), vexetal (xara, espliego), con pousos de mel e unha grata e suxerente complexidade. Na boca, é opulento, sedoso, graxo e glicérico, equilibrado, saboroso, con acedume integrada. Final poderoso, floral con notas herbáceas e de froita compotada, e postgusto de gran viveza e lonxitude.

INFORMACIÓN ADICIONAL
1 Magnun Condes de Albarei sobre lías 2018 (edición aniversario), no que a etiqueta recolle os momentos máis relevantes da historia da adega.
2 Botellas de Enxebre 2019
2 Botellas Condes de Albarei “Carballo Galego” 2017
1 Botella Condes de Albarei “En Rama” 2015
1 Abridor exclusivo Condes de Albarei

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “PACK COLECCIÓN ALBAREI”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *