¡Únete ao Club Albarei e recibe 5 € de descenso!

O albariño que sabe a Rías Baixas

O albariño que sabe a Rías Baixas

Condes de Albarei é un viño albariño da denominación de orixe Rías Baixas, que pertence concretamente á subzona Salnés. A nosa adega atópase en Cambados (Pontevedra), epicentro de elaboración e cultivo desta variedade de uva autóctona de Galicia e vila de referencia na D.O.

Os nosos viñedos son propios e localízanse en diferentes puntos da zona, moi próximos á costa, algúns a pé de mar, o que traslada ás nosas referencias unha salinidade que se converteu xa nunha dos nosos acenos de identidade. O carácter mineral dos nosos viños vén dado polo terreo, granítico, pobre e arenoso, onde crecen as nosas cepas. Condes de Albarei sabe a Rías Baixas, a unha das zonas máis especiais do país, onde o clima -tépedo pero moi chuvioso- favorece que os viñedos dispoñan dunhas características ideais para darnos o seu mellor froito.

O mimo e coidado co que os nosos viticultores coidan os seus viñedos, ofrécennos unha uva de excelente calidade coa que elaborar os nosos viños: os albriños Condes de Albarei, Albarei Enxebre, Albarei Carballo Galego, Albarei Orixe, Albarei Áine, Albarei En Rama. E tamén os nosos tintos de uva autóctona galega como son a caíño e espadeiro.

A calidade, que logramos grazas a estritos controis do noso equipo técnico, e o agarimo que poñemos en cada viño, levounos a crecer ao longo destes anos saltando do mercado local ao estatal e de aí chegando na actualidade a mercados tan distintos e esixentes como Inglaterra, Estados Unidos, México ou Xapón.

A nosa adega naceu en 1988 cunha filosofía e un obxectivo: ser unha referencia en Rías Baixas, elaborando albariños da máxima calidade. Na actualidade somos unha marca líder nunha das zonas con maior tradición vitivinícola de Galicia. Grazas a ti, seguiremos crecendo e mellorando día a día. Contamos contigo para acompañarche en cada comida cos teus, en cada momento de relax, en cada ocasión para celebrar cos teus amigos. Déixasnos?

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará