HISTORIA

Adega Condes de Albarei naceu en 1988 da man duns entusiastas viticultores do Val do Salnés, que tiñan o soño de elaborar albariños da máxima calidade. A adega converteríase axiña en obrigada referencia da D.O. Rías Baixas.

No ano 1991 Condes de Albarei obtén a medalla de ouro no Challenge International du Vin de Burdeos. Este galardón, o primeiro colleitado por un viño branco español, permitiríalle á adega a internacionalización dos seus viños, comercializándose en mercados tan distintos como Gran Bretaña, Estados Unidos, México ou Xapón.

No ano 2008, Condes de Albarei adquire a adega Pazo Baión emprendendo un importante proxecto vitivinícola e enoturístico.

Adega Condes de Albarei elabora viños de recoñecida calidade con uva albariño, unha variedade de gran expresión aromática e longa tradición de cultivo no Val do Salnés.

RÍAS BAIXAS

O Val do Salnés constitúe unha das cinco subzonas pertencentes á denominación de orixe Rías Baixas.

É a comarca de maior superficie vitícola da denominación, tendo o seu centro no municipio de Cambados.

A comarca ten influenza atlántica con temperaturas medias suaves e altas precipitacións. O chan é arenoso e pobre, ideal para o cultivo da variedade de uva albariño.

mapa salnes

¿ERES MAIOR DE 18?