A nosa tenda: comprar bo albariño online

A nosa tenda: comprar bo albariño online

Comprar bo albariño online é moi fácil, e en Condes de Albarei temos preparado todo.

Podes recibir na túa casa, a un par de clics, todas as nosas referencias.

Albariño Rías Baixas, co auténtico sabor da zona do Salnés:

  • En diferentes elaboracións que comparten a esencia do noso selo de calidade e identidade
  • E con toda a garantía dun transporte adecuado e rápido de operadores especializados no sector.

Cada vez máis afeccionados ao viño apostan polos e- commerces para as súas adquisicións. Xa que poden obter información sobre cada referencia e dispoñer dun amplo catálogo á hora de buscar que pode funcionar mellor coas súas maridaxes, localizar marcas de denominacións de orixe distintas ou simplemente, nestes tempos, evitar saír de casa.

Na nosa tenda online poderás comprar bo albariño dunha forma moi sinxela:

Revisa a descrición do viño, a súa nota de cata e selecciona a referencia que creas que encaixa mellor cos teus gustos. Poderás escoller entre caixas de madeira e estoxos, segundo a cantidade de botellas que necesites.

Se estás a pensar en facer un agasallo, poñémoscho fácil:

Enviamos o teu pedido ao domicilio da persoa que queiras sorprender. O noso servizo de atención cliente, ademais, resolverá todas as túas dúbidas antes e despois da transacción.

Revisa as ofertas que periodicamente imos publicando:

Inclúen varios albariños seleccionados para unha experiencia Condes de Albarei a un prezo moi atractivo. Subscríbete á nosa newsletter, para estar ao tanto das nosas novidades! Non perdas os nosos packs e as nosas caixas con diferentes elaboracións a base de uva cultivada en Galicia. 

Aposta pola nosa tenda para comprar bo albariño online e leva a casa un cachiño das Rías Baixas para brindar nas túas comidas, gozar dun intre de desconexión ou completar a túa vinoteca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *