¡Únete ao Club Albarei e recibe 5 € de descenso!

Resumo vendima 2020 Pazo Baión

Resumo vendima 2020 Pazo Baión

Deixamos atrás o mes máis  importante na nosa adega: setembro.

Con el vívense os días máis intensos coa chegada da vendima. Unhas semanas de duro traballo pero de gran satisfacción por recoller o froito de todo un ano: a nosa uva albariña.

Este 2020 resultou ser un ano atípico, cunha vendima adiantada  como consecuencia dun mes de xullo seco e de altas temperaturas; en contraste  cun  agosto de choivas  que resultaron ser perfectas para equilibrar e terminar de madurar a uva. «Aromaticamente esta colleita é moi interesante, tivemos unha uva de gran intensidade, alta en aromas e moi saborosas», explícanos a enóloga da adega,  Andrea  Obenza.

 

Así, o 5 de setembro os nosos viñedos enchíanse de vida: conversacións, risas, nerviosismo, trafego… A recollida realízase de forma manual, con moito mimo e coidado cortamos cada acio para que chegue nas mellores condicións a adega. Un total de 40 persoas participaron nesta campaña que se caracterizou por ter, en termos xerais, unha boa climatoloxía durante a vendima permitindo obter unha uva completamente sa.

 

As 22 hectáreas de viñedo que posúe a nosa leira Pazo  Baión son moi heteroxéneas entre si, por iso a propiedade divídese nun total de 9  parcelas que se recollen e elaboran de forma separada. Así os nosos enólogos poden estudar os diferentes matices que nos ofrecen cada unha delas. Pasada a fermentación e este período de estudo, procedemos á  vinificación destas parcelas das que saen os nosos tres viños: Pazo  Baión, Pazo  Baión “Vides de  Fontán”  e Pazo  Baión “Gran a Gran”. Albariños de gran complexidade na súa elaboración, por iso, non todos eles saen ao mercado cada ano, dependerá das condicións climatolóxicas e da propia uva.

Os primeiros  mostos que xa terminaron a fermentación deste 2020 están a deixarnos grandes sensacións, “obtivemos unha calidade moi boa con viños aromáticos e moi frescos”, coméntanos o noso enólogo José Hidalgo. Todo apunta, por tanto, a que  esta anada traeranos uns albariños excelentes.

X
Únete al Club Albarei

Cada mes recibirás:

- Ofertas y descuentos exclusivos para miembros
- Novedades de la bodega
- Un montón de contenidos sobre el mundo del vino que te encantarán

Únete ao club Albarei
e obtén 5 € de desconto no teu próximo pedido.

Ademais, cada mes recibirás:

- Ofertas e descontos exclusivos para os socios
- Novidades da adega
- Moito contido sobre o mundo do viño que che encantará