Os reencontros saben a albariños Condes de  Albarei

Os reencontros saben a albariños Condes de Albarei

O momento de reencontrarnos coa nosa familia e amigos témolo cada vez máis preto. Esta volta á normalidade ben se merece un brinde con albariño Rías Baixas. Desde Condes de Albarei queremos poñercho moi fácil e por iso, grazas ás nosas promocións actuais, nunca foi tan sinxelo gozar dos nosos viños.

Todos eses abrazos, bicos, risas, e ganas de compartir cos nosos que nos gardamos durante este tempo volverán ter lugar a partir do luns 11 de maio de 2020, data que non se nos vai a esquecer en moito tempo. Temos sede de volver e imos dar os primeiros pasos estes días.

Como anunciamos nas nosas redes sociais, decidimos poñer á túa disposición o envío gratuíto dos nosos viños a toda a Península e Baleares. Así, poderás elixir a maridaxe perfecta para o teu reencontro sen ter que moverte da comodidade da túa propia casa. Na nosa tenda online poderás atopar toda a información necesaria sobre os nosos albariños.

Ademais, desde Pazo Baión tamén estamos a desexar reencontrarnos contigo, volver recibirche na nosa adega e poder contarche o traballo que hai detrás de cada botella. Volver pasear entre viñedos, perdernos pola historia da nosa leira e degustar xuntos os nosos viños. Para que esta espera sexa máis levadía, regalamos 100 packs de enoturismo para visitar a nosa finca cando poidamos anunciar a nosa reapertura. Cada semana sortearemos 10 entradas dobres nas redes sociais das nosas adegas non esperes máis e participa, seguro que hoxe mesmo tes un sorteo activo!

Queremos brindar contigo por cada momento que estamos a piques de vivir, pero sobre todo, queremos darche as grazas por facelos posible quedándote na casa. Chin- chin! Estamos a logralo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *