PRATA PARA O CONDES DE ALBAREI 2019 NO DECANTER WORLD WINE AWARDS

PRATA PARA O CONDES DE ALBAREI 2019 NO DECANTER WORLD WINE AWARDS

O Decanter World  Wine  Awards celébrase cada ano na capital inglesa. Cun estrito xurado formado por expertos do mundo do viño, esta competición leva celebrando durante 17 anos e conseguiu posicionarse como un dos certames internacionais máis importantes para as adegas.

Nesta pasada edición, o xurado tivo que catar o total das 16.518 mostras de viño que participaron procedentes de máis de 56 países. Tarefa que asumiron cunha total profesionalidade os 116 membros do xurado, entre eles 37 Master of Wine e 9 Master Sommeliers.

Agora coñecemos os resultados e non podemos estar máis contentos porque os albariño Condes de Albarei 2019 foi distinguido coa medalla de prata.

Baixo o selo da Denominación de Orixe Rías Baixas, os albariño Condes de Albarei elabórase coa uva procedente das pequenas parcelas que posúen os nosos viticultores no Val do Salnés. O mimo e coidado que ofrecen durante todo o ano ás súas uvas é, sen lugar a dúbida, o que nos permite recoller unha colleita de excelente calidade coa que elaboramos os nosos viños.

Albariño Condes de Albarei. Val do Salnés

A campaña 2019 caracterizouse por un estado sanitario da uva perfecto, onde os problemas en viñedo foron ínfimos grazas á boa climatoloxía desta colleita. A uva chegou a adega nun excelente estado e moi rica en aromas, o reflexo do que vemos agora en botella.

A anada 2019 caracterízase por posuír unha boa intensidade aromática destacando os toques cítricos, de froitas e flores brancas. En boca preséntase fresco, con volume e redondo; destaca polo seu final longo, persistente e aromático.

Próbao xa no teu bar ou restaurante favorito ou consígueo na nosa tenda online, a poucos clics!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *