Pazo  Baión: visita un pazo nas Rías Baixas

Pazo Baión: visita un pazo nas Rías Baixas

Se o que buscas é gozar da beleza arquitectónica máis maxestosa de Galicia, non o dubides, visita un pazo nas Rías Baixas! Pero se ademais, o que queres é descubrir un dos palacios galegos con adega con máis encanto e historia, non o penses máis: ven facer enoturismo connosco.

A nosa leira alberga a historia dalgunha das familias nobres máis coñecidas de Galicia, comezando polos fundadores, os Sarmiento, no século  XV. Outros dos apelidos que figuraron nalgún momento nos títulos de propiedade do noso especial  microuniverso son Figueroa, Camba ou Soutomaior. Todos marcaron a historia de Galicia e da zona, dunha ou outra maneira.

O pasado indiano do noso pazo ten como protagonista a Don Adolfo  Fojo, un adiñeirado emigrante galego que volveu de Arxentina, e decidiu comprar a leira. Decidido a actualizar os edificios da súa nova adquisición, reformou o antigo pazo construíndo, ademais, as dúas torres de estilo  vitoriano que acompañan a fachada. Co obxectivo de lanzar novos negocios, creou a  vaquería, onde agora se atopa a nosa sala de catas, e unha adega.

Nos anos 70 a leira volveu cambiar de mans e os seus novos inquilinos apostaron pola variedade albariño para a posterior elaboración de viño a base desta uva galega. Este viñedo converteuse entón nunha referencia para os profesionais do sector.

Visita un pazo nas Rías Baixas que reúne a tradición histórica da zona, unha espectacular contorna natural e un viñedo de referencia na denominación de orixe. Se visitas Santiago de Compostela, Cambados, Vilagarcía, Sanxenxo ou Pontevedra, estarás a poucos quilómetros do noso  microuniverso.

Lembra reservar o teu circuíto con antelación na nosa web ou contactándonos vía email ou teléfono para garantirche espazo nos grupos que organizamos. Ven a visitar Pazo  Baión!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *