Enoturismo nas Rías Baixas: visita a adega Pazo Baión

Enoturismo nas Rías Baixas: visita a adega Pazo Baión

Visitar unha adega nas Rías Baixas é un dos grandes atractivos de vivir esta zona costeira tan especial de Galicia e realizar unha cata de viño. O enoturismo é, cada vez máis, unha actividade turística en auxe que nos permite coñecer de primeira man o terreo, as características climatolóxicas, os viñedos e as formas de elaborar os viños na denominación de orixe na que a uva Albariño é a raíña indiscutible. É unha actividade case obrigatoria se vés visitar este enclave ao sur da comunidade autónoma.

Pazo Baión está enmarcada no Val do Salnés, na Ruta do Viño Rías Baixas, e é unha das mellores adegas para visitar en Pontevedra polos seus edificios históricos, o seu viñedo e a calidade dos seus viños. Moitos enoturistas pasaron xa polo noso especial microuniverso e deixáronse guiar polo noso equipo a través dos séculos de historia que gardan os nosos muros e as nosas cepas.

Ofrecemos seis circuítos que se completan, ao finalizar a visita cunha degustación de viños, que será diferente en cada unha das opcións, incluíndo unha maior ou menor gama de referencias ou unha maridaxe con produtos de gastronomía local. Os diferentes recursos da nosa finca que inclúen un pazo do século XV, a beleza arquitectónica do conxunto monumental que comprende a adega, a antiga vaquería e outros edificios do complexo e a bonita paisaxe do recinto, fan que facer turismo enolóxico sexa algo máis que gozar dunha visita guiada por unha adega calquera.

Inclúe no teu plan de vacacións descubrir Pazo Baión, a poucos quilómetros de Sanxenxo, Pontevedra, Vilagarcía ou Cambados. Mergúllache noutras épocas a través da elaboración do viño e degusta os nosos especiais viños albariños. Lembra reservar a través da nosa web para poder garantirche dispoñibilidade!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *