Enoturismo en Pazo Baión: ven a visitar o noso especial microuniverso

Enoturismo en Pazo Baión: ven a visitar o noso especial microuniverso

A denominación de orixe Rías Baixas é unha das máis famosas e veteranas en España. Facer enoturismo na zona é poder coñecer desde dentro o funcionamento das adegas que elaboran albariño, unha variedade bandeira en Galicia e que cada vez conquista máis padais internacionais.

Pazo Baión, en Vilanova, a poucos quilómetros de Cambados, Vilagarcía, Santiago e as principais zonas turísticas da zona, é un enclave histórico que se remonta ao século XV, época na que pertenceu a familias de tanto renome e fama como os Sarmiento, os Figueroa, os Camba ou os Soutomaior. Actualmente as instalacións están conservadas co máximo mimo para ofrecer o mellor da súa historia e as mellores condicións para a produción dos nosos viños, Pazo Baión, Pazo Baión “Gran a Gran” e Pazo Baión “Vides de Fontán”.

Os enoturistas que se achegan a ver de preto o noso pequeno paraíso poden coñecer de primeira man como cultivamos e coidamos os nosos viñedos, como o noso equipo técnico selecciona a uva para obter a mellor calidade, como son as instalacións de adega onde se elaboran e maduran os nosos albariños. Nos circuítos guiados por un enólogo, ademais, permitiranche ver desde un prisma máis profesional o noso traballo e responder todas as túas dúbidas. Para acabar a visita, e como non podía ser doutra forma, degustarás diferentes referencias da nosa adega.

Unha experiencia para gozar con todos os sentidos, nunha contorna no que a natureza se funde nunha perfecta simbiose cos viñedos, coa historia, coa bonita zona de Vilanova de Arousa na que nos atopamos. Se visitas Rías Baixas, ven a Pazo Baión. A mellor maneira de saborear, sentir e ver o día a día da denominación de orixe e a subzona do Valle do Salnés, bañada polo Atlántico e en plena Ría de Arousa. Lembra reservar, para garantir que hai espazo nos circuítos do día que seleccións. Ven ao noso particular paraíso!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *