Aproveita a nosa oferta de albariños Sede de Nadal

Aproveita a nosa oferta de albariños Sede de Nadal

Tras un duro ano, todos nos merecemos un capricho. Por este motivo preparamos unha oferta de albariños para o Nadal coa que gozarás das elaboracións da nosa adega Pazo Baión, a un prezo imbatible. O noso pack Sede de Nadal xa está dispoñible na nosa tenda cun 45% de desconto sobre o seu prezo orixinal. Unha gran opción para gozar en familia ou para regalar, xa que inclúe o libro “Pazo Baión. Mellor Recuncho Enoturístico de España 2016”.

Que contén o pack? Contámoscho!

Dúas botellas do noso albariño Pazo Baión, a elaboración máis coñecida da nosa adega. Dispón dun intenso perfume varietal, con aromas de flores brancas e froiteiras, predominio de cítricos sobre un fondo de froita branca. En boca é fresco e equilibrado, de boa estrutura, envolvente, mineral e de longo desenvolvemento en boca, cun final persistente moi aromático.

Dúas botellas do noso albariño Vides de Fontán, que entrou na listaxe dos viños excepcionais da edición 2020 da Guía Peñín, colocándoo no podio con 95 puntos. Cun destacado carácter varietal, no que destaca a presenza de aromas de flores brancas, froita de óso e cítricos, con integradas notas de tostados e especiados, é un Rías Baixas fresco e equilibrado ademais de graxo, envolvente, mineral e de longo desenvolvemento en boca cun final que combina as notas da crianza coas varietales.

Dúas botellas do noso albariño Gran a Gran ( semiseco). Ideal para acompañar o aperitivo ou a sobremesa. Elaborado das uvas recollidas gran a gran de forma manual e cunha exigua produción de bagas parcialmente pasificada. É dunha cor amarela dourada e en nariz predominan os aromas florais e notas amieladas así como de froitas confeitadas, e marmelada de albaricoque. En boca é fresco, con sensacións doces.

– Un exemplar da publicación “Pazo Baión. Mellor Recuncho Enoturístico de España 2016”. Unha reedición e actualización do libro “Pazo Baión. Cooperativa Condes de Albarei”, publicado no ano 2012, e que foi merecedor dun premio Gourmand World Wine Book ao mellor libro do mundo na categoría de “libro do viño para profesionais”. Un percorrido moi visual pola nosa adega en Vilanova, con fantásticas instantáneas ao longo do tempo e moitos dos detalles que lle dan un carácter tan especial a nuesta leira.

Un sacacorchos da adega, para completar este exclusivo pack.

Aproveita e consegue esta oferta de albariños Sede de Nadal.

Sorprende aos teus cos sabores máis exclusivos da D.O. Rías Baixas, a un prezo moi especial. Esperámosche na nosa tenda online!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *