A nosa adega volve conseguir a máxima puntuación no certificado BRC

A nosa adega volve conseguir a máxima puntuación no certificado BRC

A nosa adega, situada en Pontevedra en pleno corazón das Rías Baixas, volveu a facerse un ano máis coa máxima puntuación no certificado BRC (Certificado de seguridade alimentaria British Retail Consortium). Este certificado acredita a nivel internacional o noso compromiso por ofrecer a maior seguridade e calidade en todos os viños que producimos.

Conseguir novamente a máxima puntuación na BRC, un dos estándares alimentarios de máis esixencia e prestixio a día de hoxe. Supón para os nosos clientes unha certificación de que os produtos Condes de Albarei cumpren con todos os requisitos legais e de protección ao consumidor. Unha gran recompensa ao esforzo diario realizado pola nosa compañía. Desde a súa fundación en 1988, para garantir o control da produción. A mellor xestión de calidade e o cumprimento exhaustivo de todas as medidas de seguridade alimentaria nas nosas instalacións e por parte dos nosos traballadores.

A calidade e a seguridade dos clientes é unha das máximas de Condes de Albarei. E súmase á nosa aposta por producir os mellores viños reducindo ao máximo o noso impacto no medio ambiente e a contorna privilexiada no que se sitúa a nosa adega. Deste xeito, conseguimos reducir un 77,47% as emisións de CO2 durante o proceso de elaboración. Ou limitar a utilización de produtos fitosanitarios nas nosas vides sumándonos á iniciativa Viñas Atlánticas.

Ademais de reforzar o noso compromiso coa reciclaxe:

Contribuíndo á reutilización de 775.000 quilos de vidro, 44.000 quilos de cartón, 5.600 quilos de cortiza e máis de 1.400 quilos de aluminio ao longo do ano 2019.

Toda unha garantía de calidade, sustentabilidade e responsabilidade ambiental, para aqueles que gozan dos viños albariños de Condes de Albarei.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *