33 anos de vida, viño e un soño feito realidade

33 anos de vida, viño e un soño feito realidade

Este podería ser un relato como outro calquera, unha sinxela narración na que sinalamos os pormenores e acontecementos máis transcendentais da nosa historia. Porén, vai moito máis alá. Trátase dunha oda ás nosas terras, á nosa tradición vinícola, á perfecta aliñación entre o crecemento das nosas vides e a nosa bodega

Un legado que dá comezo no ano 1988, cando un grupo de entusiastas, apaixonados e sinxelos viticultores do Val do Salnés dan un paso á fronte e toman unha decisión que marcará o futuro tanto das súas vidas, como da rexión. 

Hoxe, mellor ca nunca, podemos dicir que tiñades razón. A vosa fe e traballo fixeron que Adegas Condes de Albarei teña as súas propias páxinas na historia do mundo da enoloxía galega e internacional.

Brotación: Nace Adega Condes de Albarei

O sol loce con todo o seu esplendor e as tímidas xemas das nosas vides empezan a brotar. No ano 1985, decenas de viticultores do Val do Salnés achegaron as súas forzas para fundar Salnesur, un preludio do que 3 anos máis tarde estaba a piques de nacer. 

Grazas ao seu esforzo, traballo en equipo e ao coñecemento herdado xeración tras xeración, este incrible grupo descobre o gran potencial que atesouran as súas terras e, máis concretamente, os seus viñedos

Por iso, no ano 1988 e perante a abafadora resposta da crítica, deciden fundar Adegas Condes de Albarei. Un proxecto cimentado na tradición, bo facer e especificacións da nosa uva, e amparado por 106 viticultores que compartían un mesmo obxectivo: demostrar o potencial e características que ten o albariño do Val do Salnés.

Bodega Condes de Albarei


Foliación: Comezos como bodega

As follas emanan enchendo de osíxeno os nosos viñedos, eliminando o exceso de auga absorbido polas raíces e convertendo a luz do sol no mellor combustible para a vida. 

Paralelamente, a nosa bodega comeza a camiñar, paso a paso, seguindo as mesmas conviccións que nos fixeron embarcarnos neste proxecto. O noso propósito e motivación, inspirados no bo facer dos nosos antepasados, non só favoreceu o xurdimento da bodega, senón que a converteu en obrigada referencia da Denominación de Orixe Rías Baixas

Apostar sempre por Galiza e polas súas variedades autóctonas, como o albariño, resistentes á climatoloxía propia da nosa terra, foi un dos piares característicos do viño dende o principio. Deste xeito puidemos achegar a calidade do Atlántico en cada botella. 

Floración: Primeiros éxitos e internacionalización

Coma se algo divino fose, a vide empeza a dar os primeiros síntomas de floración e con ela facémonos unha idea de cando poderemos comezar a colleitar os seus froitos.

Os resultados do noso traballo non se demoraron demasiado. Tan só tres colleitas despois de comezar coa bodega, tivemos a gran fortuna de seren premiados polo noso viño. Era o ano 1991 cando o prestixioso concurso internacional Challenge International du Vin de Bordeos concedeunos a medalla de ouro.

Este galardón, o primeiro obtido por un viño branco español, permitiunos pór os ollos máis alá do que xamais imaxináramos. Conseguimos que os nosos viños chegasen a mercados tan distintos como Inglaterra, Estados Unidos ou mesmo Xapón. 

Vino blanco Condes de Albarei


Frutificación: Adquisición do Pazo Baión

Dun cor verde puro, as flores empezan a dar os seus primeiros froitos. Ás veces, os seus copiosos acios poñen en perigo a integridade da vide. Por iso, actuar a tempo é un traballo obrigado para velar pola súa prosperidade. 

Algo similar acontece coa nosa bodega. Buscabamos unha renovación, aportar algo novo á sociedade, facer chegar o viño dunha forma totalmente diferente á que a xente acostumaba. 

Co paso do tempo e gracias aos éxitos que se foron colleitando, esta inquedanza levounos a experimentar por múltiples camiños, ata que por fin atopamos o noso propósito, levar a cabo o proxecto de enoturismo Pazo Baión

Aínda que 2008 foi un ano complicado para a nosa sociedade, a esperanza, ganas e unidade coa que afrontabamos o proxecto iluminaba o camiño cara o éxito. 

Pazo Baión chegou ás nosas mans e, dende entón, non paramos de traballar para construír un complexo de enoturismo que dea resposta ás exixencias dos amantes do viño de todo o país. 

Transcorreu máis dunha década dende que se iniciaron os labores de restauración e adaptación. Pero, como na uva, este proxecto necesitaba ser mimado, coidado e estudado ata o máis mínimo detalle para que chegase a lucir en todo o seu esplendor. Algo que, sen ningunha dúbida, se conseguiu cando abrimos as portas ao público no ano 2011. Tan só uns anos máis tarde, no ano 2016, Pazo Baión sería distinguido co premio o “Mellor Rincón Enoturístico de España” nos III Premios Rutas del Vino de España.   

Pazo de Baión


Un pazo que non só brinda unha experiencia vinícola ou de lecer, senón que tamén aporta á sociedade, xa que o 5% dos ingresos de cada botella van dirixidos a programas de reinserción e prevención de drogodependencia. 

Non imos ver só unha bodega, senón que imos desfrutar de toda unha experiencia. As máis de 30 hectáreas de finca presentan diferentes alturas entre viñedos, facilitando múltiples posibilidades de orientación. Ademais, o terreo granítico, xunto a riqueza hídrica que presenta o viñedo e os seus días maioritariamente soleados, fan deste paraxe un lugar excepcional para a elaboración de viño nas Rías Baixas

Entre os viños que se desenvolveron aquí, exclusivos da finca, destacamos Pazo Baión por ser a nosa creación insignia e, como non podía ser doutro xeito, o consentido da casa, Gran a Gran. Este último non se pode facer todos os anos xa que precisa dunha vendima tardía e, como seu nome indica, a colleita faise manualmente, uva a uva. 

Por último, gustaríanos destacar a importancia deste viñedo facendo fincapé na súa antigüidade. Unha lonxevidade constatada xa que conta co primeiro certificado de rexistro dunha plantación técnica de viño en todo o territorio das Rías Baixas. 


Envero: Viñedos con moita historia

Un verán máis, as nosas uvas vanse tinguindo ata alcanzar a tonalidade final, concedéndolle aos nosos ollos un deleite visual.

Deste xeito, Adegas Condes de Alarei conta a día de hoxe cun valioso patrimonio de viñedos con máis de 40 anos de vida. Viñedos que nos permitiron extraer unha materia prima única e de inigualable calidade. 

Albariños como Carballo Galego ou Albarei Orixe son un bo exemplo diso; elaboracións que proveñen de cepas vellas e que son fermentadas en barricas bordelesas de carballo galego e carballo francés respectivamente. 

Non obstante, nada perduraría tanto nin tan ben no tempo de non ser polos nosos viticultores. Eles son os encargados de coidar das súas parcelas, sempre contando co apoio da bodega. Cada talo, tronco, brazo e polgar é coidado ata o último detalle, outorgándolle ao viñedo o mellor tratamento por parte destes mestres da artesanía vinícola

Botella Albarei Orixe


Maduración: Os mellores albariños Rías Baixas

Madurar significa acadar o desenvolvemento completo. En termos vinícolas, os meses de agosto, setembro e outubro son claves. A uva logra a madurez e nos temos que acompañala e axudala para que siga polo bo camiño.

Pola nosa parte, chegar a esta etapa significa moitas cousas. Significa coñecer o medio no que nos movemos á perfección, saber actuar ante calquera circunstancia e, como non podía ser doutra forma, aceptar que a natureza é caprichosa e ten o seu propio ritmo. 

Esta bagaxe de experiencias, coñecementos e respecto pola nosa terra é a que nos levou a ser unha das referencias dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas. Viños do talle de Condes de Albarei, o buque insignia da bodega, foron avalados pola crítica e o gran público durante anos. Outros, como Pazo Baión, teñen gañado o apoio dos máis esixentes grazas á lonxevidade das súas cepas, que transmiten tipificade e gran complexidade os viños. 

 

Vendima: Éxitos actuais

Hai 33 anos sementáronse uns inzos baseados na ilusión, esperanza e ganas, moitas ganas de emprender unha aventura que cambiaría as nosas vidas para sempre. Hoxe, tres décadas despois, sentímonos moi orgullosos dos froitos que a paciencia, o traballo en equipo, a vontade e o saber facer nos proporcionou.  

Despedimos o 2020 coas mellores sensacións posibles. Sete guías de recoñecido prestixio como a Guía Peñín, a Guía Proensa ou a Guía de Viños ABC, concedéronnos máis de 90 puntos a distintas elaboracións da bodega. Estes recoñecementos completáronse coas nove medallas de gran ouro, ouro e prata tanto en certames nacionais como internacionais, do talle do International Wine Challenge do Reino Unido ou o Concurso Internacional de Viños de Bacchus

Éxitos que aliñan a Condes de Albarei ca excelencia e a sitúan como unha bodega de referencia no sector.

Vendimia de Condes de Albarei

Parada: Cara onde nos diriximos

A vendima representa o fin do ciclo da vide e con ela o noso viñedo entra nun período de letargo, de parada.

Neste momento xorden algunha dúbidas que nos invitan a facer autocrítica. Coñecer os nosos acertos e os nosos erros, as fortalezas e debilidades que se presentaron, así como ser conscientes de que sempre damos o mellor de nós mesmos, axúdanos a mellorar ano tras ano. 

O noso traballo non é só noso. Detrás de Adegas Condes de Albarei hai centos de viticultores que cada día nos axudan a seguir velando pola calidade, tradición e bo facer das nosas terras. 

E, por suposto, non seriamos nada sen vós. Grazas por deixarnos estar ao teu carón neses momentos de expresión e inspiración, por compartir con nós unha forma de ver a vida, un sentimento que vai máis alá dos sentidos. 

Ah! Se os preguntades cara onde nos diriximos… Se algo temos claro despois de 33 anos é que seguiremos escribindo a nosa propia historia no mundo do viño

Un horizonte lleno de posibilidades

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *